No nos podemos olvidar de algunas de las leyendas más famosas sobre nuestra ciudad, Coruña y como todos, de una forma u otra, conocemos alguna de ellas:
ITH E BREOGÁN
Conta a lenda co rei Breogán fundou a cidade de Brigantia, e xunto a ela unha gran torre. Unha clara noite de inverno Ith, un dos dez fillos de Breogán, divisa desde a Torre as costas de Irlanda e decide poñer rumbo a elas para a súa conquista. Pero Ith é asasinado e o seu corpo é devolto a Brigantia. Será o seu irmán Mil quen ó fronte dun gran exército chegue a Irlanda, e tras vencer os seus poboadores, conquiste ó país.
A FUNDACIÓN DA CORUÑA
Esta lenda conta que existía nestas terras un xigante chamado Gerión moi forte e poderoso que tiña aterrorizados a tódolos seus habitantes. Obrigaba os seus habitantes entregarlle a metade dos seus bens e incluso ós seus fillos. Acude en axuda destes Hércules, fillo do Deus Zeus, que se enfronta ó xigante durante tres largos días. Tras unha dura loita, Hércules vence e mata a Gerión, córtalle a cabeza e sobre ela manda construír unha torre conmemorando a súa vitoria. Logo el dixo poblar unha vila preto do lugar e mandou que se escribiran os nomes dos que viñeran poblala. Dise que a primeira persoa en habitar estas terras xa libres foi unha muller chamada Cruña, cuxo nome bautizaría a cidade. Desde 1.448 no escudo da Coruña aparecen representadas a Torre de Hércules e a carabela do tirano Gerión.
A LENDA DO ESPELLO
Dise que o rei Hispán, sobriño de Hércules, que tiña un gran coñecemento, fixo colocar no alto da torre un candil e un gran espello máxico. Con el, a poboación vixiaba todoo mar e a chegada de naves amigas ou inimigas. Segundo a tradición, este magnífico espello foi destruído polos xudeus que escapando do seu país chegaron en barco ás costas coruñesas e ó enterarse de que a existencia deste espello podería descubrilos, decidiron destruílo. Para facelo ocultaron os barcos baixo un manto de follas e de pólas dos árboles e camuflados baixo a vexetación levaron as súas naves ata os pes da Torre e, unha vez alí, romperon o espello.
Mirar este vídeo sobre mitoloxía galega, está muy bien.